Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela no lugar de Casisaldo, parroquia de Lapío, concello do Corgo, promovido por Ganadería Casisaldo, S.C. (clave 2015/0193).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 2 de marzo de 2016, do cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela no lugar de Casisaldo, parroquia de Lapío, concello do Corgo, promovido por Ganadería Casisaldo, S.C. (clave 2015/0193).

Este informe pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental