Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11309

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Ourense

ANUNCIO de poxa de armas.

Comandancia da Garda Civil Ourense.

Resolución da Garda Civil de Ourense pola que se anuncia poxa de armas.

De conformidad co artigo 165 do vixente Regulamento de armas, ás 10.00 horas do día 25 de abril de 2016, polo procedemento de prego pechado, procederase, na Comandancia da Garda Civil de Ourense, rúa Bieito Amado, 17, ao alleamento en poxa pública de 332 armas (escopetas, rifles, carabinas, pistolas e revólveres).

As ditas armas serán expostas ao publico na citada comandancia desde o día 18 ao 22 de abril, das 9.00 ás 13.00 horas.

Ourense, 1 de marzo de 2016

Manuel Javier Novo Colldefors
Tenente coronel xefe