Unha vez convocada mediante a Resolución do 13 de outubro de 2015 (DOG núm. 213, do 9 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de coordinador de servizo de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e, en exercicio das competencias que ten atribuídas,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal sanitario diplomado (coordinadores de servizo de Atención Primaria), anunciada pola Resolución do 13 de outubro de 2015 (DOG núm. 213, do 9 de novembro).
Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. Contra esta resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Vigo, 29 de febreiro de 2016
Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo
ANEXO
Posto de traballo: coordinadora do Servizo de Atención Primaria de López Mora.
Nome e apelidos: María del Carmen Vidal Portela.
DNI: 52492726X.
Posto de traballo: coordinadora do Servizo de Atención Primaria de Matamá.
Nome e apelidos: María Fátima Díaz Mosquera.
DNI: 32435646B.