Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11006

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

EXTRACTO da Resolución do 15 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2016, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.

BDNS (Identif.): 302651.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8ª da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das subvencións os concellos, as deputacións provinciais e as demais entidades locais recoñecidas no artigo 2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, que promovan plans de formación para os empregados públicos, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do Acordo da formación para o emprego das administracións públicas.

Tamén poderán ter o carácter de beneficiarios as asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia lexitimamente constituídas ao abeiro do previsto no artigo 120 e seguintes da Lei 5/1999, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, que promovan plans interadministrativos ou agrupados para a formación dos empregados públicos das entidades locais de Galicia.

Segundo. Obxecto

A concesión de subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación para o emprego promovidos polas entidades locais de Galicia no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Afedap).

Terceiro. Bases reguladoras

As bases que rexerán serán as contidas na Resolución do 15 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2016, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.

As bases publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

As subvencións para os plans de formación obxecto desta resolución financiaranse con cargo ao crédito dispoñible no orzamento da Escola Galega de Administración Pública por un importe de 415.132 euros.

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexta. Outros datos

As solicitudes presentaranse exclusivamente por vía electrónica, de acordo co establecido no artigo 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Os formularios de solicitude están dispoñibles no enderezo https://fedap-galicia.inap.es/ e na páxina web da EGAP (http://egap.xunta.es). Cómpre que o promotor estea previamente rexistrado no portal FEDAP. O acceso ao portal FEDAP poderá realizarse introducindo os díxitos de usuario e contrasinal facilitados polo portal ao rexistrarse, ou ben mediante o documento nacional de identidade electrónico ou certificado dixital recoñecido de persoa física ou xurídica.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016

Sonia Rodríguez-Campo González
Directora da Escola Galega de Administración Pública