Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11084

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación para a obtención de solo dunha parcela no lugar de Perdiceiros, para o acondicionamento de espazo público en Eirís, avenida de Monelos e rúa Jerónimo Vázquez Franco.

A Xunta de Goberno local, con data do 20 de novembro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a obtención do solo dunha leira sita no lugar de Perdiceiros afectada pola execución do proxecto de acondicionamento de espazo público en Eirís, avda. de Monelos e rúa Jerónimo Vázquez Franco.

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a determinación do prezo xusto.

Terceiro. Someter o citado expediente a información pública polo prazo dun mes para os efectos de alegacións con notificación individual aos titulares de bens e dereitos que aparecen no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao do recibo da notificación, formulen alegacións e acheguen os títulos que os acrediten como propietarios ou titulares doutros dereitos, se for o caso».

De conformidade co disposto no artigo 143.2 e 3 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese a información pública polo prazo dun mes para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que achen pertinentes.

Para estes efectos, indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (rúa de Indalecio Prieto, nº 1), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Coruña, 17 de decembro de 2015

P.D. (Decreto 15.6.2015)
Xiao Gómez Varela
Tenente de alcalde de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda