Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11082

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de dotación de servizos.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 28 de xaneiro de 2016, acordou aprobar definitivamente o expediente número 6/2014.PEDS do Plan especial de dotación de servizos no monte das Arcas, A Xesteira, para o núcleo de recente creación NC das NNSS do concello de Arteixo, tramitado por instancia de Susana Suárez Agrasar, segundo o proxecto técnico redactado pola arquitecta María Dolores Crespo Chouza.

A dita aprobación definitiva foi comunicada á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio con data 1 de marzo de 2016.

Contra o acordo de aprobación definitiva deste plan especial, instrumento de planeamento que ten natureza de disposición xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Arteixo, 3 de marzo de 2016

P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente