Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica un requirimento de representación, como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o Acordo de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras, A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: requirimento de representación.

Zona de concentración parcelaria: Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras, A Coruña).

Interesada: Josefa Ramos Sánchez.