Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2016/40-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: M. C. Mesía.

Domicilio social: rúa do Campo, 2, 15685 Mesía.

Denominación: LMTS entre o punto de entroncamento LSAT UF e CS e CT de nave de fabricación e almacenaxe de produtos carpintaría.

Situación: parque empresarial de Ordes. Parcelas 86-87-88.

Características técnicas: liña de alta tensión soterrada, 20 kV, de 43 m (dobre circuíto), condutor tipo RHZ1 12/20 kV, de sección nominal 250 mm2 Al.

Orixe: no punto de entrocamento na liña de alta tensión da compañía subministradora.

Remate: na cela de liña (zona de compañía) do centro de seccionamento.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 16 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña