Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11010

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015.

Pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 17 de xuño de 2015 (DOG núm. 121, do 30 de xuño), convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario sanitario, diplomado e de formación profesional.

Na súa base sétima disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas; para este efecto, publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 18 de febreiro de 2016 (DOG núm. 38, do 25 de febreiro), procedeuse ao nomeamento dos tribunais cualificadores.

Na antedita base sétima disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, por circunstancias sobrevidas con posterioridade á Resolución de nomeamento do 18 de febreiro de 2016, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Nomear presidente titular do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015 (DOG núm. 121, do 30 de xuño), a Manuel Díaz López, funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, en substitución de Javier Enríquez Morales, persoal estatutario de xestión e servizos, grupo técnico da función administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos