De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artígo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa territorial do Instituto Galego de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla nº 70 de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 15 de marzo de 2016
Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo
ANEXO
Expediente: 27R001-161-2015.
Interesada: Talleres Alvián, S.L.
CIF/NIF:
Acto notificado: resolución de expediente.