Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 8 de marzo de 2016, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente VP-C 74/15 e un máis.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto adoptouno a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

A Coruña, 8 de marzo de 2016

Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 74/15.

Denunciada: Carmen Miñones Mouzo.

VP-C 79/15.

Denunciada: Promociones y Construcciones Anidos, S.L.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.