Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a formalización dos contratos, mediante procedemento aberto, tramitación urxente e anticipada de gasto, para a contratación de servizos de lavandaría de roupa plana de dous centros e servizos de limpeza en varios centros dependentes desta xefatura territorial.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización dos contratos que a continuación se relacionan:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: varios.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto dos contratos:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: lavandaría e limpeza.

c) Lotes: o expediente ten dous (2) lotes e os expedientes II e III non ten lotes.

d) CPV: determínase en cada expediente.

e) Medio de publicación do anuncio: no Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante.

f) Data de publicación do anuncio: 25 de novembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: establécese en cada expediente.

5. Orzamento base de licitación: relaciónase en cada expediente.

6. Formalización do contrato: establécese en cada expediente.

I. Expediente nº 83/2015: lavandaría de roupa plana no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD Vigo-1) e Centro de Atención a Persoas con Discapacidade en Redondela (CAPD).

Lote 1: Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRADP Vigo-1).

a) CPA: 96.01.19. CPV: 98311000-6 Servizos de lavandaría.

b) Valor estimado do contrato: 722.304,00 €.

c) Orzamento base de licitación: importe neto: 310.752,00 €; importe total: 376.009,92 € para dous (2) anos (2016-2017).

d) Data de adxudicación: 29 de decembro de 2015.

e) Data de formalización do contrato: 19 de febreiro de 2016.

f) Contratista: Lavamar Lavandería Industrial, S.L.

g) Importe de adxudicación: importe neto: 288.999,36 €; importe total: 349.689,23 € para dous (2) anos (desde o 19 de febreiro de 2016 ata o 18 de febreiro de 2018).

h) Vantaxes da oferta adxudicataria: obter a máxima puntuación en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

Lote 2: Centro de Atención a Persoas con Discapacidade en Redondela.

a) CPA: 96.01.19. CPV: 98311000-6 Servizos de lavandaría.

b) Valor estimado do contrato: 722.304,00 €.

c) Orzamento base de licitación: importe neto: 50.400,00 €; importe total: 60.984,00 €.

d) Data de adxudicación: 5 de febreiro de 2016.

e) Data de formalización do contrato: 29 de febreiro de 2016.

f) Contratista: Delia Portela Martínez.

g) Importe de adxudicación: importe neto: 36.960,00 €; importe total: 44.721,60 € para dous (2) anos (desde o 1 de marzo de 2016 ata o 28 de febreiro de 2018).

h) Vantaxes da oferta adxudiataria: obter a máxima puntuación en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

II. Expediente nº 84/2015: limpeza no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes en Vigo (CRAPD).

a) CPA: 81.21.10. CPV: 90911200-8 Servizos de limpeza de edificios.

b) Valor estimado do contrato: 201.321,00 €.

c) Orzamento base de licitación: importe neto: 201.321,00 €; importe total: 243.598,41 € para 18 meses.

d) Data de adxudicación: 21 de decembro de 2015.

e) Data de formalización: 22 de decembro de 2015.

f) Contratista: Iberclean Limpiezas, S.L.

g) Importe de adxudicación: importe neto: 183.481,93 €; importe total: 222.013,14 € para 18 meses (desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de xuño de 2017).

h) Vantaxes da oferta adxudicataria: obter a máxima puntuación en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

III. Expediente nº 85/2015: limpeza na Residencia de Maiores de Campolongo.

a) CPA: 81.21.10. CPV: 90911200-8 Servizos de limpeza de edificios.

b) Valor estimado do contrato: 160.000,00 €.

c) Orzamento base de licitación: importe neto: 160.000,00 €; importe total: 193.600,00 €.

d) Data de adxudicación: 29 de decembro de 2015.

e) Data de formalización: 30 de decembro de 2015.

f) Contratista: Limpiezas Compostela, S.L.

g) Importe de adxudicación: importe neto: 157.440,00 €; importe total: 190.502,40 € para dous (2) anos (2016- 2017).

h) Vantaxes da oferta adxudicataria: obter a máxima puntuación en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Vigo, 29 de febreiro de 2016

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo