Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10606

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riotorto

ANUNCIO de aprobación do plan especial SUND.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión extraordinaria do día 16 de febreiro de 2016, acordou aprobar inicialmente o plan especial SUND Villarín-Riotorto.

O citado plan exponse ao público polo prazo dun mes ao obxecto de exame e reclamacións, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia.

Simultaneamente, notificarase a todos os propietarios dos terreos afectados para o seu exame, se é o caso, e presentación de reclamacións e alegacións que consideren oportunas durante o prazo citado.

Así mesmo, durante o prazo do mes indicado deberán emitirse os informes solicitados.

Riotorto, 9 de marzo de 2016

Clemente Iglesias González
Alcalde