Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10604

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública de convenio urbanístico (expediente 2016/A006/000002).

Nas dependencias municipais do Concello de Cambre subscribiuse o 9 de marzo de 2016 o texto inicial do Convenio urbanístico de planeamento para a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento de Cambre no ámbito físico sito no lugar do Seixal-O Temple, lindeiro coa estrada nacional AC-12 (antes N-VI).

De conformidade co establecido no artigo 237.1 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior difusión da provincia, prazo que comezará a contar desde a última publicación deste anuncio.

Durante o citado prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido e o expediente nas oficinas da Área de Urbanismo deste Concello de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, e nas dependencias do Rexistro Xeral do concello os sábados das 9.00 ás 13.00 horas, e presentar as alegacións que xulguen convenientes.

Cambre, 11 de marzo de 2016

P.D. (R.A. nº 1111, do 23 de xuño de 2015)
Juan González Leiros
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente