Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes desta consellería.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 68/2015.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

c) División por lotes: si/2.

Lote 1: centros de menores dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Lote 2: outros centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

d) CPV:

– 79710000-4 Servizos de seguridade.

– 79711000-1 Servizos de vixilancia de sistemas de alarma.

– 79714000-2 Servizos de vixilancia.

e) Acordo marco: non.

f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Traballo e Benestar.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 29 de setembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: tres millóns cento setenta e nove mil setecentos setenta euros con sesenta e dous céntimos (3.179.770,62 € ) incluídas as posibles modificacións e prórroga.

El valor estimado por lote:

Lote 1: centros de menores dependentes da Consellería de Traballo e Benestar: dous millóns oitenta e nove mil setecentos oitenta e dous euros con sesenta e nove céntimos (2.089.782,69 €).

Lote 2: outros centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar: un millón oitenta e nove mil novecentos oitenta e sete euros con noventa e tres céntimos (1.089.987,93 €).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 10 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 30 de decembro de 2015.

Lote 2: 22 de febreiro de 2016.

c) Contratista:

Lote 1: Grupo de Control Empresa de Seguridad, S.A.

Lote 2: Protección de Patrimonios, S.A.-Iman Seguridad, S.A. Unión Temporal de Empresas Lei 18/1982, do 26 de maio, UTE nº 3.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación:

Lote 1: oitocentos sesenta e nove mil cento once euros con oitenta e nove céntimos (869.111,89 €) IVE 21 % incluído.

Lote 2: catrocentos vinte mil trescentos noventa e cinco euros con setenta céntimos (420.395,70 €) IVE 21 % incluído.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016

P.D. (Orde do 19.8.2009; DOG nº 172, do 2 de setembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social