Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10449

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello do Turismo de Galicia.

O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia, establece no seu artigo 5 o procedemento de nomeamento dos seus membros e dispón no seu número 1 que os membros serán nomeados e cesados pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O número 2 do citado artigo establece que se algún membro perde a condición de representatividade pola organización que o elixiu, esta deberalle comunicar, no prazo máximo dun mes, á Administración turística autonómica o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.

O 18 de febreiro de 2013 constituíuse a Axencia Turismo de Galicia, coa sesión constitutiva do seu Consello Reitor, e asumiu desde a súa constitución as competencias atribuídas á Secretaría Xeral para o Turismo, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Polo exposto, en exercicio das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Cesar como membros do Consello do Turismo de Galicia a:

– Mª Eugenia Lado Lema, membro titular, e Félix Rubial Bernárdez, membro suplente, en representación da consellería con competencias en materia de sanidade.

– Antonio Crespo Iglesias, membro titular, e Monserrat Castro Vázquez, membro suplente, en representación da consellería con competencias en medio rural.

– Miguel Ángel Pérez García, como membro titular, e Leopoldo Rubido Ramonde, membro suplente, en representación das administracións locais.

Segundo. Nomear como membros do Consello do Turismo de Galicia a:

– Raquel Mª Vázquez Mourelle, vicexerente do Servizo Galego de Saúde, como membro titular, en representación da consellería con competencias en sanidade, e, como suplente, Ramón Martínez Blanco, vicesecretario xeral da Consellería de Sanidade.

– Belén Mª do Campo Piñeiro, directora xeral de Gandaría, Agricultura e Políticas Agroalimentarias, como membro titular, en representación da consellería con competencias no medio rural, e, como suplente, Ricardo Rivas Barros, subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria.

– José Antonio Cacabelos Rico, alcalde do Grove, como membro titular e, como suplente, Enma Torres Romay, tenente alcalde do Grove.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia