Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10432

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO de información pública sobre o inicio do prazo de presentación de solicitudes no proceso de funcionarización e promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 26 de febreiro de 2016 publicáronse as bases xerais do proceso de funcionarización e promoción interna, mediante sistema de concurso-oposición, afectadas pola disposición transitoria segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello.

Monterroso, 26 de febreiro de 2016

Jesús Otero Calvo
Alcalde