Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre as modificacións e disolucións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e da Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Canedo SAT nº 1096 XUGA, na escritura pública do 29 de xullo de 2015, acordou:

1. Aprobar a transformación de Canedo SAT nº 1096 XUGA en Finca Canedo, S.L., inscrita no rexistro mercantil da Coruña no tomo 3.555 do arquivo, sección xeral, folio 130, folla nº C-53.854.

b) A sociedade agraria de transformación Gandería Sar SAT nº 1388 XUGA, na escritura pública do 30 de novembro de 2015, acordou:

1. Aprobar a transformación de Gandería Sar SAT nº 1338 XUGA en Gandería Sar, S.L., inscrita no rexistro mercantil de Santiago de Compostela no tomo 272 do arquivo, folio 219, folla nº SC-48167.

c) A sociedade agraria de transformación Casa da Portela nº 1182 XUGA, na asemblea xeral do 30 de decembro de 2015, tomou o seguinte acordo:

1. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por José María Fernández Edrosa, presidente; Marcos Fernández Edrosa, secretario, e José María Fernández Cao, vogal.

d) A sociedade agraria de transformación Xuaneiro SAT nº 980 XUGA, na asemblea xeral do 2 de febreiro de 2016, tomou os seguintes acordos:

1. Modificar o artigo 11 do estatuto, que quedará redactado:

«A xunta reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspóndelle a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, estendendo a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral. Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A xunta reitora estará composta por tres membros, os cales terán a condición de socios, elixidos por un período de catro anos, que poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na xunta reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, e elixirase por separado presidente e secretario.

A renovación realizarase por metade cada dous anos, renovarase na primeira metade o presidente co último dos vogais, e na segunda, o secretario cos demais vogais na súa totalidade cada catro anos. A un dos vogais asignaránselle as funcións de tesoureiro».

2. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por José Manuel Ferreiro Turnes, presidente; María Pilar Noya Grela, secretaria, e Carmen Turnes Paredes, vogal.

e) A sociedade agraria de transformación Campiña do Toxo SAT nº 670 XUGA, na asemblea xeral do 24 de xaneiro de 2016, tomou o seguinte acordo:

1. Renovar nos cargos aos membros da xunta reitora composta por Juan Manuel Dapena Pérez, presidente; Avelina Pérez Manso, secretaria, e Ramón Dapena Ferreiro, vogal.

f) A sociedade agraria de transformación A Portagándara SAT nº 1360 XUGA, na asemblea xeral do 10 de febreiro de 2016, tomou o seguinte acordo:

1. Renovar nos cargos aos membros da xunta reitora composta por Diego Fraga Sanjurjo, presidente; Rubén Fernández Fernández, secretario, e Manuel Ángel Pérez Santos, vogal.

g) A sociedade agraria de transformación Sanfoga SAT nº 1383 XUGA, na asemblea xeral do 15 de xaneiro de 2014, tomou o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da xunta reitora que queda composta por José Ramón Pena Fernández, presidente; Francisco Fernández Baña, secretario; Trinidad Fernández Ramos, vogal-tesoureira, e Manuel Velo Otero, Ana Gallardo Pensado e Dolores Carmen Pérez González, vogais.

h) A sociedade agraria de transformación Xustás SAT nº 1006 XUGA, na asemblea xeral do 15 de febreiro de 2016, tomou os seguintes acordos:

1. Anular os acordos tomados nas asembleas xerais de datas 17 de xullo de 2003, 10 de marzo de 2007, 24 de xuño de 2011 e 10 de outubro de 2012.

2. Creación dunha reserva indispoñible de 3,91 euros.

3. Aprobar a baixa voluntaria do socio Francisco Javier Pérez Vázquez, con efectos desde o 11 de outubro de 2012, quen transmite a súa participación no capital social por igual aos dous novos pretendidos socios Manuel Cabana Fernández e Jaime González Mouriz.

4. Aprobar a alta dos socios Manuel Cabana Fernández e Jaime González Mouriz, con efectos desde o 11 de outubro de 2012.

5. Modificar o valor nominal dos títulos de participación no capital social que pasa a ser de 60,10 euros cada un deles.

6. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Gloria Rodríguez Bello

1.076 títulos

64.667,60 €

33,33 % de participación

Mónica Penelas Penelas

1.076 títulos

64.667,60 €

33,33 % de participación

Manuel Cabana Fernández

538 títulos

32.333,80 €

16,67 % de participación

Jaime González Mouriz

538 títulos

32.333,80 €

16,67 % de participación

7. Modificar o primeiro parágrafo do artigo 2 dos estatutos sociais que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 194.002,80 euros e estará representado por 3.228 xustificantes nominativos de valor 60,10 euros cada un deles».

8. Modificar o artigo 11 dos estatutos, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a xunta reitora pase a estar formada por catro membros.

9. Modificar os cargos da xunta reItora que pasa a estar composta por Manuel Cabana Fernández, presidente; Jaime González Mouriz, secretario, e Mónica Penelas Penelas e Gloria Rodríguez Bello, vogais.

i) A sociedade agraria de transformación Boviporc SAT nº 1237 XUGA, na asemblea xeral do 3 de marzo de 2016, acordou:

1. Aprobar a transformación de Boviporc, SAT nº 1237 XUGA en Agroxaqui, S.L.

B) Disolucións:

a) A sociedade agraria de transformación Covallo SAT nº 1162 XUGA, na asemblea xeral do 8 de febreiro de 2016, tomou o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Ricardo López Martínez, Josefa López Martínez e Gerardo López Valcárcel.

b) A sociedade agraria de transformación Santa Eulalia SAT nº 1100 XUGA, na asemblea xeral do 11 de xaneiro de 2016, tomou o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Olimpio Montoto Penela, Míriam Montoto Barros e Isabel Barros Otero.

C) Cancelacións:

a) A sociedade agraria de transformación Covallo SAT nº 1162 XUGA, na asemblea xeral do 8 de febreiro de 2016, tomou o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

b) A sociedade agraria de transformación Santa Eulalia SAT nº 1100 XUGA, na asemblea xeral do 11 de xaneiro de 2016, tomou o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

c) A sociedade agraria de transformación Canedo SAT nº 1096 XUGA, na escritura pública do 29 de xullo de 2015, acordou:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

d) A sociedade agraria de transformación Gandería Sar SAT nº 1388 XUGA, na escritura pública do 30 de novembro de 2015, acordou:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

e) A sociedade agraria de transformación Boviporc SAT nº 1237 XUGA, na asemblea xeral do 3 de marzo de 2016, acordou:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias