Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 29 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre a ampliación da capacidade de xestión e códigos LER para valorización de residuos na planta situada no concello do Porriño (Pontevedra), promovida por Metalimpex Ibérica, S.A.U. (clave 2015/0052).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 26 de febreiro de 2016 sobre a ampliación da capacidade de xestión e códigos LER para valorización de residuos na planta situada no concello do Porriño (Pontevedra), promovido por Metalimpex Ibérica, S.A.U.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental