Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10262

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D11/2016, do 7 de marzo, pola que se nomea profesora contratada doutora a María Rocío Maceiras Castro (05-PCD-01).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola comisión de selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor 05-PCD-01 do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD) situado na Escola Naval Militar de Marín, convocada pola Resolución D/029/2015, do 18 de novembro de 2015 (DOG do 27 de novembro), e presentada pola candidata proposta a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a María Rocío Maceiras Castro, con DNI 35306755-F, profesora contratada doutora do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar de Marín.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato por parte da persoa interesada.

Marín, 7 de marzo de 2016

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa
na Escola Naval Militar de Marín