Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de marzo de 2016 de emprazamento para o trámite de audiencia, no expediente COR/19/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Carlos Conde Díaz, no expediente COR/19/2015-RP1, en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 25 de novembro de 2015, do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se declaran non legalizables as obras consistentes na construción de dúas soleiras de formigón accesorias ao uso residencial, executadas no lugar de Sanín, parroquia de Lubre, concello de Bergondo, provincia da Coruña.

O expediente mencionado encóntrase á disposición do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispoñerá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a notificación, para presentar as alegacións que considere procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística