Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oroso (expediente IN407A 2016/32-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Wood Chips Galicia, S.L.U.

Domicilio social: avda. Zumalacárregui, 35 baixo, 15350 Cedeira.

Denominación: proxecto do CT e acometida para planta de secado e preparación da estela de madeira (biomasa) con fins enerxéticos (xeración térmica).

Situación: parque empresarial Sigüeiro, parcela 5, 15880 Oroso.

Características técnicas:

Dúas celas E/S, cela de seccionamento. LMT RHZ1 2OL 12/20 kV, 3×(1×240 mm) 2,53 m.

Cela de remonte a protección xeral, cela de medida. Transformador Cotradis 400 kVA, refrixeración natural en aceite, 20 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, segundo o disposto nos artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 14 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña