Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10169

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2016, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 19 de maio de 2015.

Unha vez convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, á vista da proposta do 16 de marzo do 2016, da comisión encargada de valorar os méritos achegados polos concursantes e de conformidade coa base VIII da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Esta información atópase á disposición dos interesados no portal web da Xunta de Galicia ( www.xunta.gal ), na epígrafe «Función Pública».

Segundo. Os interesados poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública