Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10110

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

Advertidos erros na publicación da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 249, do 31 de decembro, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir.

Na páxina 52857, na columna de Explotación correspondente a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., onde di: «19.125», debe dicir: «19.410».

Na páxina 52857, na columna de Explotación correspondente ao Total, onde di: «264.338», debe dicir: «264.623».

Na páxina 52859, na columna de Subvencións de explotación correspondente a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., onde di: «105», debe dicir: «390».

Na páxina 52859, na columna de Subvencións de explotación correspondente ao Total, onde di: «18.467», debe dicir «18.752».