Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1044/2013).

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Unika Proyectos y Obras, S.A.U. contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Amandio José da Silva Soares, UTE Bigarrena, Construcciones Galdiano, S.A., Altuna y Uria, S.A., Construcciones Moyua, S.A., Construcciones Amenábar, S.A., en reclamación por seguridade social, rexistrado co número seguridade social 1044/2013, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a UTE Bigarrena, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 21 de abril de 2016 ás 10.15 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a UTE Bigarrena, expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial