Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 9998

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (1061/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María del Carmen Filgueira Iglesias contra Lar das Meigas, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 1061/2012, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Lar das Meigas, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza no día 4.4.2016 ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Canto á proba:

Interrogatorio do representante legal da empresa Lar das Meigas, S.L., é procedente o solicitado conforme o artigo 90.3 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Para tal efecto, fágase saber á parte demandada que deberá comparecer persoalmente ou mediante de persoa con poder suficiente e, en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio, advertíndolle que, caso de non comparecer, se lle poderá impor a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil, e que, se non comparecer sen xusta causa á primeira citación, rexeitar declarar ou persistir en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixo, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado teña intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resultar prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos, deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa destes. Con tal fin a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuaron nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando for persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuaron e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Documental, procede o solicitado conforme o artigo 90.2 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Requírase a demandada Lar das Meigas, S.L., para que presente os documentos solicitados, a saber, nóminas boletíns de cotización da traballadora desde o inicio de relación laboral até o cesamento, coa advertencia de que, se non o fixer, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

Se for o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propola e, se for o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Lar das Meigas, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial