De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na avenida da Habana, nº 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 26 de febreiro de 2016
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: ANI-OU-05/2014-V.
Interesada: Yolanda Guerra Cedeira.
Acto de notificación: acordo de levantamento de suspensión do prazo de resolver de procedemento sancionador.
Expediente: CAZ-OU-49/2016-V.
Interesada: Sociedade de Cazadores de Pereiro de Aguiar.
Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.
Expediente: PES-OU-110/2015-V.
Interesado: Celso Rodríguez Gago.
Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.
Expediente: PES-OU-128/2015-V.
Interesado: Vitor Costa Alexandre.
Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.
Expediente: PES-OU-130/2015-V.
Interesado: Antonio María Bernardo Fernandes.
Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.
Expediente: PES-OU-135/2015-V.
Interesado: José María Veloso Ribeiro.
Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.