1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4º. Teléfono: 881 54 36 35.
5º. Telefax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.
d) Número de expediente: AB-SER1-16-015.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: actualización tecnolóxica de licenzas e soporte do xestor documental Alfresco.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV(referencia de nomenclatura): 72267000-4.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación:
Concepto |
Puntuación |
Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0-50 |
Procedemento de actualización de versións |
0-25 |
Asistencia in situ de actualización de versións |
0-10 |
Procedemento de solicitude/entrega licenzas de actualización tecnolóxica |
0-5 |
Procedemento técnico de actualización de versións |
0-5 |
Opcións de migración de versións e sistemas operativos |
0-3 |
Melloras técnicas da ultima versión dispoñible |
0-2 |
Procedemento de soporte |
0-25 |
Elaboración de guías de resolución de incidencias frecuentes |
0-10 |
Procedemento de apertura/escalaxe de incidencias |
0-5 |
Procedemento de consultas e informes de estado de incidencias |
0-5 |
Documentación dispoñible e métodos de acceso |
0-5 |
Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0-50 |
Oferta económica |
0-50 |
4. Valor estimado do contrato: 180.000 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 120.000 euros. Importe total: 145.200 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver letras d) e e) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte a ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2016
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos