Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 9980

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito desta entidade e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de condutor/a.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 19 de outubro de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 207, do 29 de outubro), abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de condutor/a.

Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 30 de novembro de 2015 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Finalizado o prazo indicado e de conformidade co disposto no punto oitavo da citada resolución, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de condutor/a, con indicación adicional das persoas aspirantes dispoñibles para vinculacións temporais de condutor/a de vehículos especiais de carácter sanitario, nos termos da base quinta da Resolución do 19 de outubro de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 207, do 29 de outubro).

Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde ( www.sergas.es ).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/pola solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base oitava da Resolución do 19 de outubro de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 207, do 29 de outubro) pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes, contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas nas listas.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos