No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da subministración de sinalización vertical para vías provinciais cun gasto autorizado de 52.581,34 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente (988 31 75 40) perante o Servizo de Contratación.
Sen prexuízo de calquera outro recurso que se xulgue procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia da Deputación, no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).
Ourense, 26 de febreiro de 2016
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense