Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9647

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2016 pola que se fai pública a expiración do mandato de Emilio Pérez Touriño como conselleiro nato deste órgano.

De acordo co previsto no artigo 4.4 e na disposición transitoria segunda da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, con esta data tivo lugar a expiración do período de mandato de Emilio Pérez Touriño como conselleiro nato do Consello Consultivo de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2016

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia