Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados (Asgoca).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositou a modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados (Asgoca), que consiste na modificación do artigo 34 dos estatutos, segundo se indica na certificación da acta da asemblea xeral que tivo lugar o 5 de xuño de 2015.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: organismos de control que fosen previamente acreditados ante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, de natureza privada.

– Asinantes: Ana Cupeiro Arrojo (presidenta) e Maria Botana Rocamende (secretaria técnica).

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego