Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00013-O-2016 e seis máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores PO-00013-O-2016 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que xulguen oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2016

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00013-O-2016

0551-FZX

Garda Civil 3601 F57579E

Comercial Senra, S.A.

A36031979

A Ferreira, Lérez, nº 23

36155 Pontevedra

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

20.7.2015; 13.34; PO-542; 4,0

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-02601-O-2015

7047-GZG

Garda Civil 3601 Y76740V

Escenarent, S.L.

B36463446

Estrada N-550, km 101, Arcos da Condesa

36650 Caldas de Reis (Pontevedra)

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

4.5.2015; 7.04; AG-41; 7,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-02833-O-2015

7376-GBH

Garda Civil 3603 A23980M

Nepos Express, S.L.

B94085339

Rúa Vista Alegre, nº 58, 2º B

36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

5.5.2015; 00.55; AP-9; 159,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02887-O-2015

PO-0847-BK

Garda Civil 3601 A91977R

Jit Ibérica Express, S.L.

B36517399

Avenida Domingo Bueno, nº 81, 3º D

36400 O Porriño (Pontevedra)

O uso incorrecto do selector de actividades do tacógrafo.

28.4.2015; 10.10; N-550; 126,5

Art. 140.26 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-03170-O-2015

PO-4839-AZ

Garda Civil 3601 Y76740V

Distribuciones Lago Villanueva, S.L.

B36454585

Avenida Santa Marina, 100

36800 Redondela (Pontevedra)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

27.5.2015; 8.18; N-550; 126,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-04079-O-2015

5234-CNH

Garda Civil 3601 N04453S

Leotrans 3000, S.L.

B70294566

r/ Simón Bolívar, nº 39, baixo esq.

15011 Santiago de Compostela (A Coruña)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

7.7.2015; 18.23; AP-9; 137,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-04124-O-2015

6094-GPB

Garda Civil 3601 Q92637T

Escenarent, S.L.

B36463446

Arcos da Condesa, estrada N-550, km 101

36650 Caldas de Reis (Pontevedra)

A realización de transporte público discrecional de viaxeiros en vehículos de máis de 9 prazas carecendo de título habilitante.

10.8.2015; 3.02; PO-504; 0,6

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros