Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se notifica a Resolución do 13 de xaneiro de 2016 de baixa das autorizacións de xestor de residuos do expediente 2015-SC-M-00385 e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia, a Resolución do 13 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de baixa das autorizacións de xestor de residuos da empresa Maprimetal 2000, S.L. (expedientes 2015-SC-M-00385, 2015-SC-M-00386, 2015-SC-M-00387, 2015-SC-M-00389, 2015-SC-M-00390, 2015-SC-M-00391, 2015-SC-M-00392 e 2015-SC-M-00399).

A interesada poderá comprobar o contido íntegro da resolución nas dependencias do Servizo de Residuos, rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, así como interpoñer recurso de alzada contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental