Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de febreiro de 2016 polo que se somete a información pública a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica AC-862, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 63+140 e 63+320.

Unha vez aprobada provisionalmente, por Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 26 de febreiro de 2016, a delimitación da liña límite de edificación da estrada de titularidade autonómica AC-862, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 63+140 e 63+320, e de conformidade co disposto no artigo 41.3 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 85 do Regulamento xeral de estradas, aprobado polo Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, sométese a antedita delimitación a información pública por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida formular as alegacións que considere pertinentes.

Os documentos que se someten a información pública son o informe da Área de Planificación e Programación do 18 de febreiro de 2016, a Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 26 de febreiro de 2016 e o plano en que se establece a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica AC-862, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 63+140 e 63+320.

O expediente estará exposto ao público, en días e horas hábiles de oficina, nos locais desta Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo San Caetano, s/n), na Delegación da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2) e na Casa do Concello de Ortigueira (avenida de Galicia, 45).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
(http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), encóntrase á disposición dos interesados o informe, a resolución de aprobación provisional e o plano desta redución excepcional da liña límite de edificación.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas