Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9564

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 4 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos/as provisionais nas especialidades de francés (590010), navegacións e instalacións mariñas (590109) e procesos e medios de comunicación (590119), do corpo de profesores de ensino secundario, e nas especialidades de fabricación e instalación de carpintaría e moble (591204), produción de artes gráficas (591223), soldadura (591228) e técnicas e procedementos de imaxe e son (591229), do corpo de profesores técnicos de formación profesional, cuxa apertura foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 22 de xaneiro e modificada no do 11 de febreiro.

Unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos nas especialidades cuxa apertura se comunicou mediante o Anuncio do 21 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, modificado polo Anuncio do 4 de febreiro de 2016, publicados no Diario Oficial de Galicia do 22 de xaneiro e modificada no do 11 de febreiro, procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos/as provisionais na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións provisionais e a relación de excluídos/das provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de francés (590010), navegacións e instalacións mariñas (590109) e procesos e medios de comunicación (590119), do corpo de profesores de ensino secundario, e nas especialidades de fabricación e instalación de carpintaría e moble (591204), produción de artes gráficas (591223), soldadura (591228) e técnicas e procedementos de imaxe e son (591229), do corpo de profesores técnicos de formación profesional, cuxa apertura foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 22 de xaneiro e modificada no do 11 de febreiro de 2016.

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e a relación de excluídos/das provisionais poderá interporse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos