Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación do servizo de mantemento técnico-legal e correctivo dos sistemas de detección, extinción e protección contra incendios instalados nos centros dependentes desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa de Monforte de Lemos.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Hospital Comarcal de Monforte de Lemos. Unidade de Contratación Administrativa de Monforte de Lemos.

2º. Enderezo: Corredoira, s/n.

3º. Localidade e código postal: Monforte de Lemos (Lugo), 27400.

4º. Teléfono: 982 41 77 81.

5º. Telefax: 982 40 40 06.

6º. Correo electrónico:

jose.luis.rodriguez.martinez@sergas.es ou Enrique.del.catillo.lopez@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-EIL1-16-009.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento técnico-legal e correctivo dos sistemas de detección, extinción e protección contra incendios instalados nos centros dependentes da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si. Ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: si. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50413200-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: cento setenta e dous mil cincocentos trinta e dous euros con corenta e cinco céntimos (172.532,45 €).

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: setenta e un mil oitocentos oitenta e oito euros con cincuenta e dous céntimos (71.888,52 €). Importe total: oitenta e seis mil novecentos oitenta e cinco euros con once céntimos (86.985,11 €).

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero, nº 1, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados dende a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

d) Data e hora: a data e hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es .

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso):

12. Outras informacións:

Lugo, 11 de febreiro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos