Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia das resolucións ditadas no procedemento BS611A.

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio de este anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia das resolucións da Xefatura Territorial da Coruña relativas ao procedemento BS611A.

Para estes efectos, así como para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo –ala sur– Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer demanda perante a xurisdición social no prazo de trinta (30) días, contados desde a recepción deste escrito, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro).

A Coruña, 12 de febreiro de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Resolución de reclamación previa

CO206868

79323468X

Barros Tajes, Fabián

Resolución de reclamación previa

CO30526

32276667P

Fernández Castro, María Rosario

Resolución de reclamación previa

CO181489

12356725K

Luis Fernando María Suárez Juega

Resolución de reclamación previa

CO208534

32768082M

Pérez Pardo, María José

Resolución de reclamación previa

CO156036

32430087H

Vázquez Fernández, María Teresa