Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia dos requirimentos de documentación preceptiva ditados no procedemento BS611A.

Logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia dos requirimentos de documentación preceptiva relativos ao procedemento BS611A.

Para estes efectos, así como para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

No caso de non achegar a dita documentación, considerarase desistido da súa petición, que será arquivada logo de resolución ditada de conformidade cos artigos 42.1 e 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 12 de febreiro de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Requirimento de documentación

CO29714

32757992N

Calvo Martínez, Marisa

Requirimento de documentación

CO206720

X9440168W

Ferreira Rodrigues, Margareth

Requirimento de documentación

CO202038

32758617Q

Fontenla Sáenz, Ángel Pedro

Requirimento de documentación

CO212905

32344693T

Fraga Doldán, Antonio Benigno

Requirimento de documentación

CO210788

47362030Q

Huertas García, Alejandro

Requirimento de documentación

CO212738

50188783T

Mohamed Abdeselam, Mohamed Laarbi

Requirimento de documentación

CO212904

32344692E

Pailos Rodríguez, Hermosinda

Requirimento de documentación

CO211744

53861515T

Salazar Hernández, Coraima

Requirimento de documentación

CO212130

76306742X

Sande Rodríguez, Pilar

Requirimento de documentación

CO211580

10058616A

Vilarnovo Grille, María Amelia