Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9330

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2016 polo que se asume a competencia delegada polo Concello do Pereiro de Aguiar (xestión recadatoria das multas coercitivas para a execución de actos administrativos).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación provincial, na sesión do día 29 de xaneiro de 2016, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello do Pereiro de Aguiar (xestión recadatoria das multas coercitivas para a execución de actos administrativos) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19.9.1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 3 de febreiro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense