Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do catálogo do Plan xeral de ordenación municipal: corrección de erros na ficha D-061 (casa na Lavacolla) e creación das fichas D-061(a), D-061(b-c) e D-061(d), concello de Santiago de Compostela (expediente 2015AAE1834; código 1753/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 18 de febreiro de 2016, sobre a modificación puntual do catálogo do Plan xeral de ordenación municipal: corrección de erros na ficha D-061 (casa na Lavacolla) e creación das fichas D-061(a), D-061(b-c) e D-061(d), concello de Santiago de Compostela.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental