Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES-2015-042.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta secretaría xeral, sita no Edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente: LU-RES-2015-042.

Interesados: Relu Matei e Marga Mariana Porumbaru.

Acto notificado: resolución.