Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por descoñecerse o domicilio de notificación da interesada (expediente OU-2015/00043).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao descoñecerse o domicilio de notificación da interesada que se indica a continuación, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada para que, de ser o caso, poida consultalo na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004, Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 19 de febreiro de 2016

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesada

NIE

OU-2015/00043

Hilda Faviola Genao de Olivo

Y2711733R