Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9251

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 26 de febreiro de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na estrutura organizativa da Xestión Integrada de Ferrol.

Por Orde desta Consellería do 21 de decembro de 2015 (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro de 2016) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta Consellería do 21 de decembro de 2015 (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro de 2016) para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo I desta orde.

Terceiro. Seleccionar, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo II desta orde, para os efectos de que se proceda á súa vinculación mediante contrato laboral de alta dirección.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Posto: director/a de Procesos de Soporte.

Nome e apelidos: María Fernanda López Crecente.

DNI (*): *****025Q.

ANEXO II

Posto: director/a de Procesos Asistenciais.

Nome e apelidos: Silvia Rodríguez Dapena.

DNI (*): *****004E.

* Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.