Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 29 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se procede ao requirimento da verificación de sinatura no recurso RA/VI/2014/00250, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Berta Botey Méndez o requirimento da verificación da sinatura na interposición do recurso de alzada número RA/VI/2014/00250, interposto por Berta Botey Méndez contra a resolución do expediente sancionador VP-C-71/13.

Co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición dos recursos administrativos deberá expresar, entre outros aspectos, a sinatura do recorrente, e o escrito presentado ten sinatura pero non consta a súa verificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar a documentación referida na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírtese que, de non facer o requirido, se terá por desistida no recurso nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992 citada.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda