Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización da subministración sucesiva de peixe fresco (expediente MS-EIS1-15-050).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-EIS1-15-050.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de peixe fresco para a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) Lotes (de ser o caso): lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 03311000-2.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia: 18.8.2015; Boletín Oficial del Estado: 21.8.2015; Diario Oficial de la Unión Europea: 8.8.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 499.661,25 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 333.107,50 euros. Importe total: 366.418,25 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de xaneiro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 16 de febreiro de 2016.

c) Contratista: Mónica Pereira Loureda.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 283.840 euros.

Importe total: 312.224 euros.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2016

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela