Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2016 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da obra do edificio do Campus da Auga no Campus Universitario de Ourense (expediente 400/16).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais-Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 400/16.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: edificio do Campus da Auga no Campus Universitario de Ourense.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Campus de Ourense.

e) Prazo de execución: 18 meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) C.P.V.:

• 452144004: traballos de construción de edificios universitarios.

• 45214600-6: traballos de construción de edificios de investigación.

h) C.P.A.: F-construcións e traballos de construción.

• 41.00.20: edificios non residenciais.

• 41.00.40: traballos xerais de construción edificios non residenciais.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Redución do importe de licitación: 51 puntos.

• Calidade técnica da oferta respecto da execución da obra: 49 puntos.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 3.424.402,31 €. Importe total (IVE incluído): 4.143.526,80 €.

5. Valor estimado do contrato: 3.424.402,31 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Adicional: dada a relevancia na puntuación total da oferta económica, establécese unha garantía definitiva adicional dun 5 % se a oferta do adxudicatario incorre en baixa anormal ou desproporcionada.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo (todos), categoría D; ou grupo C, subgrupo (todos), categoría 4. Ademais da clasificación os licitadores acreditarán o compromiso de adscrición a que se refire o número 11 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras mediante procedemento aberto.

b) Solvencia económica e financeira, solvencia técnica e profesional e concreción da solvencia: a que se indica no número 11 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras mediante procedemento aberto.

c) Outros requisitos específicos: os indicados no número 11 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras mediante procedemento aberto.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Modalidade de presentación de ofertas: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia - Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 1.400 €.

Vigo, 1 de marzo de 2016

P.D. (Resolución do 7 de maio de 2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo