Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acordo obxecto de notificación ditouno a xefa territorial de Ourense.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense entre as 9.00 e as 14.00 horas.

A citada xefatura territorial ten a súa sede en Ourense, rúa Concello, número 11, 4º andar.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Ourense, 23 de febreiro de 2016

Mª Mercedes Gallego Esperanza
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Persoa interesada: pai/nai ou titor legal de Mateo Díaz Couñago.

Asunto: emprazamento do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense en relación co recurso número PO 480/2015-B.

Acto notificado: acordo de emprazamento.