De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial de Lugo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 29 de febreiro de 2016
Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo
ANEXO
Expediente: 27R001-111-2015.
Interesada: Clysernor, S.L.
CIF/NIF: B70011861.
Acto notificado: resolución de expediente.