Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8724

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a subministración de carbón activo da planta de depuración de gases do Complexo Ambiental de Cerceda (NC 0003/2016).

Data límite para a presentación das ofertas: 18 de abril de 2016, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 29 de abril de 2016, ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data en:

– Plataforma de contratación pública de Galicia www.contratosdegalicia.es

– www.sogama.es epígrafe de perfil do contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña). Teléfono: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Este anuncio enviouse ao DOUE o 1 de marzo de 2016.

Cerceda, 1 de marzo de 2016

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.